Romance de Bernaldino e Sabeliña
GL

كلمات Romance de Bernaldino e Sabeliña

النوعFolk
المدة5:42
اللغة الأصليةGL
المشاهدات7.9K
Aaإعدادات القراءة
حجم النص 18

الكلمات الأصلية

GL
الترجمة غير متاحة بعد. نعرض الكلمات الأصلية.
Polo mundo me vou, madre, polo mundo a camiñar(e) en busca de Bernaldino que no o podo atopar(e). E se foi de terra en terra e de lugar en lugar(e) topou unha lavandeira lavando nun areale. -De Bernaldino señora Que novas me pode dar(e)? -Bernaldino, é da reina o paxeciño galan(e). Ao decir estas palabras Bernaldino a porta sae -Quen te trouxo aquí Sabela, Quen te trouxo a este lugar(e)? -Teus amores Bernaldino, por aquí me fan andar(e). colleronse polo brazo, Puxeronse a pasear(e). En canto os vira a raiña aos dous mandara matar(e) a ella enterrana no coro, enterrano no altar(e). Dela naceu unha fonte, E del un verde olivar(e); Tanto crecen un e outro Que aos ceos foron chegar Cando os ventos sopran mainos os dous se queren falar(e) Cando os ventos sopran recios os dous se queren bicar(e)

المزيد من Luar na Lubre

Luar na Lubre →

كلمات ذات صلة