Compañeiro Daniel
GL

Letra de Compañeiro Daniel

GéneroFolk
Duración2:28
Idioma originalGL
Vistas11.5K
AaLectura
Tamaño 18

Letra original

GL
La traducción todavía no está disponible. Mostramos la letra original.
Compañeiro daniel de vida innumerable Como os astros do ceo i os camiños do mar Na tenebrosa noite da patria inhabitable Témoste no recordo con mao á luz alba. A ti falo daniel morto lonxe da terra Es noso i a túa luz alumea a escuridá Que nos deixou a historia de tres anos de guerra En que os lobos mataron a luz e libertá. Compañeiro daniel, as pistolas sonaban I enloitaron cunetas con sangue loitador As pistolas sonaban i os panbidos berraban A terrible victoria do odio e do terror. E ti fúcheste lonxe predicar no deserto Pra erguerdes un exército que endexamais loitou E morriches un día sin veres entreaberto O camiño da volta que a túa alma soñou. Pro na patria abatida e do pobo explotado Nacimos nós os fillos da morte e do tristén Percurando furiosos vinganza e novo estado I unha roxa alborada sin cabo nin comén. I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe Matou desesperado na outra banda do mar Prometémosche a terra dunha galicia ceibe Pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar.

Más de Suso Vaamonde

Suso Vaamonde →

Letras relacionadas