Concordias de Papel
GL

Concordias de Papel 歌詞

アルバムCo Xenio Destrozado
年2013
ジャンルAlternativo Indie
時間8:31
原文言語GL
閲覧数11.9K
Aa表示設定
文字サイズ 18

原文歌詞

GL
翻訳はまだありません。原文を表示しています。
Gardo cicatrices no faiado para queimar Sabendo que é posíbel que retomen sen chamar Mais non penso en trincheiras, canón, Granadas nen fusil Renuncio a máis defensas, vivo nun eterno abril Berro se me berran, non escondo a miña voz Vendo amor á terra e carne crúa para o feroz Aquel que cre que outra, outro ou eu han de calar Impugno o testamento que me obriga a venerar Eu xa non quero concordias de papel Nin revoltas fatais sen caravel Nin panexíricos despois da humillación Nin paliativos en lugar de curacións Xa non máis rendas de corcel Nin días de cal, nin lúas de fel Nin militar na adoración Nin acatar máis silencios Lembro días de guerra con culpábeis e perdóns Enriba dos xeonllos, sendo carne de canón Mais vinlle a pel ao lobo, confesei, lin, resucitei Non teño máis principio que matar antes que morrer

Sés の他の曲

Sés →

関連歌詞