Airiños, Airiños, Aires
GL

Airiños, Airiños, Aires 가사

앨범Na Fermosa Galicia
연도1970
장르Folk
길이3:39
원문 언어GL
조회수16.5K
Aa읽기 설정
글자 크기 18

원문 가사

GL
번역이 아직 없습니다. 원문 가사를 표시합니다.
Airiños, airiños, aires. Airiños da miña tierra. Airiños, airiños, aires. Airiños, levaime a ela. Sin ela vivir non podo, Non podo vivir sin ela; Que adonde queira que vaia Cróbeme unha sombra espesa. Cróbeme unha espesa nube Tal preñada de tormentas, Tal de soidás preñada, Que a miña vida envenena. Leváime, leváime,airiños, Como unha folliña seca, Que seco tamén me puxo A callentura que queima. ¡ai!, si non me leváis pronto, Airiños da miña terra Si non me leváis, airiños, Quisais xa non me coñesan; Leváime, leváime, airiños, Leváime adonde me esperan Unha nai que por min chora, Un pai que sin min non alenta, Un irmán por quen daría A sangre das miñas venas, E un amoriño a quen alma E vida lle prometera. Si pronto non me levades, ¡ai!, morrerei de tristeza, Soio nunha terra estraña, Donde estraño me alumean, Donde todo canto miro Todo me di ¡extranxeiro! ¡ai, miña probe casiña! ¡ai, meu puchiño vermello! Non permitás que aquí morra, Airiños da miña terra, Que ainda penso que de morto Hei de sospirar por ela Ainda penso, airiños aires, Que dispois que morto sea, E aló polo camposanto, Donde enterrado me teñan, Pasés na calada noite Ruxindo entre a folla seca, Ou murmuxando medrosos Antre as brancas calaveras; Inda dispois de mortiño, Airiños da miña terra, Heivos de berrar ¡airiños, Airiños, leváime a ela! Heivos de berrar ¡airiños, Airiños, leváime a ela! Ai lala, lala, lalalala, Airiños levaime a ela.

Los Tamara의 다른 곡

Los Tamara →

관련 가사