O Aradiño
GL

Letra de O Aradiño

ÁlbumFuxan Os Ventos (1976)
Ano1976
GêneroFolk
Duração1:24
Idioma originalGL
Visualizações20.6K
AaLeitura
Tamanho 18

Letra original

GL
A tradução ainda não está disponível. Exibindo a letra original.
Labrado da miña mau Fixen coa miña navalla Un aradiño de pau. Un aradiño de pau. (Bis) Leva timón e chavella E unha rella furadora Feita cunha lata vella. Feita cunha lata vella. (Bis) Ten orelleira, rabela Tan luída e rematada Que namora mirar pra ela. Que namora mirar pra ela. (Bis) O meu arado e tan feito Que pode incluso esfender Labradíos a barbeito Labradíos a barbeito. (Bis) Teño xa que darlle éstreno Ó meu arado arador, Ó meu arado pequeno Ó meu arado pequeno. (Bis) E non sei ónde hei de ir Buscar os bois que preciso, Buscar os bois pra xunguir, Buscar os bois pra xunguir. (Bis) Labrado da miña mau Fixen coa miña navalla Un aradiño de pau. Un aradiño de pau. (Bis) Un aradiño de pau. (Bis 3)

Mais de Fuxan Os Ventos

Fuxan Os Ventos →

Letras relacionadas