O cego andante
GL

O cego andante کے بول

البمSempre E Mais Despois
سال1999
صنفFolk
دورانیہ4:42
اصل زبانGL
مناظر7.1K
Aaپڑھنے کی ترتیبات
متن کا سائز 18

اصل بول

GL
ترجمہ ابھی دستیاب نہیں۔ اصل بول دکھائے جا رہے ہیں۔
Ábreme a portiña, ábreme o postigo, dame do teu lenzo ¡ai meu ben! que veño ferido. Pois se vés ferido vés a mala hora, que as miñas portiñas ¡ai meu ben! non se abren agora. Miña nai esperte, nin tanto dormir, veña ouvir un cego ¡ai meu ben! cantar e tañir. E se il canta e pide dalle pan e viño, dille ó triste cego ¡ai meu ben! que siga o camiño. Non quero seu pan, nin quero seu viño, quero que Rosiña ¡ai meu ben! me ensine o camiño. Culle, ou Rosiña, a roca e o liño, vai co triste cego ¡ai meu ben! decirlle o camiño. Anda, ou Rosiña, máis outro pouquiño, son curto de vista ¡ai meu ben! non vexo o camiño. De condes e duques xa fun pretendida e agora dun cego ¡ai meu ben! véxome rendida. Eu non che son cego, nin Dios o permita, sonche o conde Alberto ¡ai meu ben! que te pretendía. Adeus miña casa, adeus meus quintais, adeus compañeiras ¡ai meu ben! para nunca máis.

Fuxan Os Ventos کے مزید گیت

Fuxan Os Ventos →

متعلقہ بول