O Vello e o Sapo
GL

O Vello e o Sapo کے بول

البمNa Fermosa Galicia
سال1970
صنفFolk
دورانیہ4:24
اصل زبانGL
مناظر17.7K
Aaپڑھنے کی ترتیبات
متن کا سائز 18

اصل بول

GL
ترجمہ ابھی دستیاب نہیں۔ اصل بول دکھائے جا رہے ہیں۔
Da aldea lonxana fumegan as tellas Detrás dos petoutos vai póndose o sol Retornan prós eidos coa noite as ovellas Tiscando nas beiras o céspede mol Un vello, arrimado nun pao de sanguiño O monte atravesa de cara ó pinar Vai canso, unha pedra topóu no camiño E nela sentóuse pra folgos tomar ¡Ai! Dixo, ¡qué triste! ¡Qué triste eu estóu! I on sapo, que oía Repuso: ¡Cro, cro! ¡Ás ánemas tocan! Tal noite como ésta Queimóuseme a casa, morréume a muller Ardéume a xugada na corte, i a besta Na terra a semente botóuse a perder Vendín prós trabucos bacelos e hortas E vou polo mundo de entón a pedir Mais cando non topo pechadas as portas Os cans sáienme a elas e fanme fuxir canta, sapo, canta Tí i eu ¡somos dous! ... I o sapo choroso Cantaba:¡Cro, cro! Soliños estamos entrambos na terra Mais nela un buraco tí alcontras i eu non A ti non te morden os ventos da serra I a min as entranas i os ósos me rón Tí, nado nos montes, nos montes esperas De cote cantando, teu térmeno ver Eu, nado entre os homes, dormendo entre as feras E morte non hacho, si quero morrer Xa tocan, recemos ¡Que dicen que hai Dios! ... El reza, i o sapo Cantaba:¡Cro, cro! A noite cerraba, i o raio da lúa Nas lívidas cumes comenza a brillar Curisco que tolle nos álbores brúa I escóitase ó lexos o lobo oubear O probe do vello cos anos cangado Erguéuse da pedra i o pau recadóu Viróu para os ceos o puño pechado E cara ós touzales rosmando marchóu Cos ollos seguíndoo Na escura estensión O sapo quedouse Cantando: ¡Cro, cro!

Los Tamara کے مزید گیت

Los Tamara →

متعلقہ بول