Dos Martiños
GL

Dos Martiños 歌词

专辑Sempre E Mais Despois
年份1999
流派Folk
时长2:48
原文语言GL
浏览量1.7K
Aa阅读设置
文字大小 18

原文歌词

GL
暂时没有翻译,当前显示原文歌词。
-Pregoadas son as guerras de Francia con Aragón. ¡Pobre de min que son vello, guerras para min non son! ¡Mala seas ti muller que non me deches varón! Falou Dona Birolana con arrogante razón: -Non a maldiga, mi padre non lle bote a maldición. Deme as armas e o cabalo serei seu fillo varón. -Ténde-los cabelos longos, non os encubrirás, non. -Metereinos na armadura atados por un cordón. -Ténde-los ollos mimosos, non os encubrirás, non. -Eu baixareinos á terra cando pase algún varón. -Ténde-los peitos crecidos, non os encubrirás, non. -Deme un colete de ferro servirame de xubón. -Ténde-las mans moi branquiñas, non as encubrirás, non. -Deme seus guantes de ferro terei as mans de infazón. -Ténde-los pés miudiños, non os encubrirás, non. -Deme súas botas de ferro enchereinas de algodón.

更多 Fuxan Os Ventos

Fuxan Os Ventos →

相关歌词