Compañeiro Daniel
GL

Compañeiro Daniel 歌词

流派Heavy Metal
原文语言GL
浏览量15
Aa阅读设置
文字大小 18

原文歌词

GL
暂时没有翻译,当前显示原文歌词。
Compañeiro Daniel de vida innumerable Como os astros do ceo i os camiños do mar Na tenebrosa noite da patria inhabitable Témoste no recordo con mao á luz alba A ti falo Daniel morto lonxe da terra Es noso (i) a túa luz alumea a escuridá Que nos deixou a historia de tres anos de guerra En que os lobos mataron a luz e libertá Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban I enloitaron cunetas con sangue loitador As pistolas sonaban i os panbidos berraban A terrible victoria do odio e do terror E ti fúcheste lonxe predicar no deserto Pra erguerdes un exército que endexamais loitou E morriches un día sin veres entreaberto O camiño da volta que a túa alma soñou Pro na patria abatida e do pobo explotado Nacimos nós os fillos da morte e do tristén Percurando furiosos vinganza e novo estado I unha roxa alborada sin cabo nin comén I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe Matou desesperado na outra banda do mar Prometémosche a terra dunha Galicia ceibe Pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar

更多 QFB

QFB →

相关歌词